
TÍRALLE DA LINGUA 2020
O pasado 14 de decembro de 2020 tivo lugar a final a nivel nacional do concurso de relatos orais Tíralle da lingua que se vén celebrando dende hai varios anos e no que o noso centro participa.
Como finalistas do IES Manuel Murguía, este curso presentamos 3 alumnas de 2º ESO C: Uxía López Suárez, que participou individualmente e Carolina Castro Rodríguez e Julia Meléndez Antón, en parella. Estas dúas últimas resultaron as gañadoras na súa categoría (1º ciclo da ESO) a nivel nacional. Estamos moi orgullosos/as das tres e sobre todo MOITOS PARABÉNS PARA AS NOSAS FLAMANTES GAÑADORAS!
A continuación deixamos o enlace para que poidades escoitar e ver os relatos que se presentaron: