
TÍRALLE DA LINGUA. PREMIOS FASE PREVIA.
14 – 11 -2019
A semana pasada tivo lugar no salón de actos do Murguía a fase previa do concurso de relatos orais, TÍRALLE DA LINGUA, no que houbo un nivel altísimo nos competidores e competidoras, ós que felicitamos polas súas soberbias actuacións.
Foi moi complicado elixir os gañadores deste ano, que nos representarán ademais na fase final a celebrar proximamente en Santiago de Compostela.
Despois dunha dura deliberación o xurado elixiu como vencedora a Laura Canedo (3º E ESO); e como segundas clasificadas a Carolina Castro (1º B ESO) e Julia Meléndez (1º H ESO).
Parabéns ás vencedoras e tamén a tod@s @s participantes, que nos deleitaron cos seus fermosos relatos orais!!!
Moita sorte para a fase final de Santiago!!!