EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

trompo-xogoscolectivos-circulo

Xoga ao trompo con amigos

trompo-xogoscolectivos-liñas paralelastrompo-xogoscolectivos-circulo

O xogo do trompo ten moitas variantes sociais:

  • A sorte da “raia”. Para saber quen comeza a xogar en calquera xogo, bótase a sorte da raia, que consiste en que todos os xogadores lanzan o seu peón cara a unha raia. A orde de colocación para empezar dependerá da distancia á que quede cada peón desa raia. O primeiro será o que quede máis preto.
  • O xogo do círculo. Trázase un círculo no chan e faise bailar o trompo. Deseguido outro compañeiro lanza o seu coa finalidade de sacar o trompo do primeiro do círculo. Así van lanzando todos os participantes. Gaña quen dá mantido o seu trompo dentro do círculo.
  • Sacar obxectos. É outra variante do xogo do círculopero o que se intenta sacar neste caso son outros obxectos: bólas, chapas, moedas…
  • O cadeliño: báilase o trompo e condúcese colocando a piola arredor do ferrón e xuntando os dous cabos nas mans para facilitar o seu desprazamento.