EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Un amor por San Valentín. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Un amor por San Valentín

Mirándote
Escoitándote
Sentíndote
Coas ganas sempre
De verte.

Que es a luz
Que me iluminas
Es a ledicia
Do meu día
Es o sol
De todas as miñas mañás.

E non sei
Se algún día
Te decatarás
Pero érgome
Pensando en ti.

Con ganas de verte outra vez
Pensando que terei valor
De confesar o meu amor
Que non sei se fago ben
Ou non.

Pero sabendo
Que te quero

Cun único obxectivo
Na miña vida
Quererte

Cuns ollos
Que solo se fixan en ti
Cunha mente
Que exclusivamente
Pensa en ti.

En como darche un bico
Antes de que digas
Arrepíntome
Que non paro de pensar
En como te namorar.

En como abrazarte
En como a ti arrimarme.
En como lembrarte
Que te quero.

Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.