EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Unha noite para recordar (Estela Varela Souto, 1º E ESO). Certame Medo me dás!!!

Fai moito, moito tempo, una rapaza chamada Amadora, tíñalle moito medo ao Samaín. Ía ao colexio Sacho Sanguento, onde había un carreiro de casas adornadas que daban saída ao colexio. As casas tiñan todo o que tiñan que ter: cabazas, teas de araña, cascudas, corazóns, brazos, pernas, esqueletos, pantasmas, vampiros, morcegos, caveiras, gatos negros, ollos, dedos, momias, zombis, monstros, bruxas, demos, lápidas, etc.

Amadora tíñalles moito pánico a esas cousas de medo, porque non lle gustaba o Samaín, polo que ao pasar por diante das casas custoulle un montón. Tiña que pasar por alí, si ou si. A pequeña choraba e corría. Amadora, tiña tres irmáns aos que lles encantaba o Samaín. Amadora era a máis pequeña dos catro, e a única nena da súa familia, é que nin primas tiña, só primos, que triste!

Cando chegou ao colexio Sacho Sanguento, de súpeto deixou de chorar e deulle una aperta tan, tan, tan grande á profesora, que a apertou tanto, tanto, que lle saíu o corazón voando cara á parede. Amadora choraba e berraba até pasados uns minutos que se deu conta de que a señorita Mary levantou do chan rindo a gargalladas coma una tola. Ela díxolle á pobre rapaciña que simplemente era una broma típica do Samaín. A pobre Amadora choraba de alegría, caíanlle as bágoas que de tanto que chorou, fixo un charco onde podías bañarte. Propúxose a si mesma que recordaría ese momento toda a vida.

A nena quixo perderlle o medo ao Samaín, pero aínda poñendo todo da súa parte non era capaz de perder ese medo tan real que tiña. Cabrochete, o irmán de Amadora, estaba desexando que ela recordase esa noite para toda a vida. Amadora cun medo que non daba quitado, pasou por diante das casas e ía tan, tan, tan amodo, que cando quixo achegarse a ver un esqueleto, como non sabía que era dos que dicían: buh!!, o esqueleto moveuse e deulle un susto tan grande que pegou un salto e botou a correr até que chegou a casa.

Cando chegou, contouno, e todos se rían de Amadora, e ela ría cos seus país e irmáns. A pequeña deuse conta de que lle perdera o medo ao Samaín. e de aí: Unha noite para recordar.

 

Estela Varela Souto. 1º E ESO.