EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Dia da ciencia en galego 2014-1 - blog

V Día da Ciencia en galego, este ano sobre programación de ordenadores

noviembre 3, 2014 by ACTIVIDADES, CIENCIA No Comments

Este mércores 5 de novembro participamos nas actividades do V Día da Ciencia en Galego, organizado pola Coordinadora Galega de ENDL.

  • En que consiste a actividade?

Nunha videoconferencia con Manuel Caeiro Rodríguez.

  • Quen é Manuel Caeiro?

É profesor doutor na Escola de Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo.
E tamén responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa.

  • Título da videoconferencia:

A ciencia da programación de ordenadores.

  • En que consiste?

Imos achegarnos á historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Tamén se van introducir ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.

  • Quen vai participar?

Os alumnos de Tecnoloxía e Informática de 4ºESO

  •  Data e hora

Mércores 5 de novembro entre as 12:00 e as 13:00.

  • Lugar

Salón de actos do IES Manuel Murguía.