
VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES
O 11 de xuño de 2019 realizamos unha videoconferencia co alumnado de 4º ESO do Instituto Cañada Blanch de Londres, no que se estuda a materia de Lingua Galega. Puidemos comprobar o bo nivel de galego que teñen os alumnos londinenses e a rapazada do Murguía intercambiou información sobre as diferentes inquedanzas que temos en cada un dos países.
Agradecemos á profesora Begoña González a súa amabilidade e as facilidades para levar a cabo esta actividade.
Un saúdo amig@s de Londres!!