EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0163

VISITAMOS SARGADELOS, MUSEO CARLOS MASIDE E PAZO DE MARIÑÁN

mayo 12, 2018 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O pasado venres, 11 de maio, realizamos unha interesante viaxe aos concellos de Sada e Bergondo para visitar unha das fábricas máis emblemáticas de Galicia e que enriqueceron a nosa cultura durante décadas. Falamos de Cerámicas do Castro (Sargadelos), esa grande obra que naceu, na súa última etapa, das privilexiadas mentes de Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo e o arquitecto Andrés Albalat. Estes artistas deron continuidade a unha idea de Antonio Raimundo Ibáñez  (marqués de Sargadelos), que creara a primeira fábrica a comezos do s. XIX,  en Cervo, Lugo. Alí coñecemos o proceso de produción  desta fermosa cerámica e tamén nos convidaron a contemplar os fondos artíticos do museo Carlos Maside, onde o alumnado puido ver orixinais de Castelao, Lugrís, Laxeiro, Souto, Patiño…

A continuación achegámonos ao concello de Bergondo para coñecer o pazo de Mariñán por dentro e os seus impoñentes xardíns.

Mágoa que o tempo non nos acompañara moito, pero pensamos que a rapazada aproveitou a viaxe para gozar de dous lugares que están tan próximos e que ás veces se descoñecen.

Agradecemos a Cerámicas do Castro, á Deputación da Coruña, e aos responsables do pazo de Mariñán, así como aos guías de ambos lugares, que nos fixeron a visita tan interesante.

Tamén queremos agradecer ao alumnado de 4º ESO o seu comportamento.

Parabéns!!!

Aquí deixamos algunhas fotos:

DSC_0138DSC_0145DSC_0150DSC_0154DSC_0159DSC_0155DSC_0166

DSC_0169DSC_0171DSC_0162