EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

canto sabes de - premiadas - ikram e paula noya

Xa temos gañadoras do concurso “Canto sabes de…?”

Ikram El Archi, de 1º ESO G, e Marta Noya, de 3º ESO B, son as gañadoras do certame “Canto sabes de…?” do curso 2013-2014, nas categorías respectivas de 1º ciclo e 2º ciclo. Xusto antes da gymkana do pasado venres ambas as dúas recibiron cadanseu agasallo. Podedes ver como locen o seu “galician style” Ikram e Paula, que recolleu a bolsa da súa irmá.

Felicitámolas ás dúas pola súa participación constante e mais por resolveren ambas a proba do Nadal sobre A volta ao mundo de Phileas Fogg, que puntuaba dobre.