EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Tíralle da lingua no IES Manuel Murguía

Xa temos representantes para o Tíralle da lingua

Onte  no Salón de Actos tivo lugar a fase de selección dos nosos representantes para o concurso de contacontos do Tíralle da lingua que vai ter lugar en Santiago o vindeiro 24 de abril.

Na categoría de primeiro ciclo os nosos representantes van ser Julia López Canay e Carmen Martínez Canedo, de 1º ESO C, co espectáculo “Pais, nais e debuxos animados”.

Na categoría de segundo ciclo, Jorge Gálvez Nemiña, Mihai Anton Gaspar e Roque Ruíz Soto, de 3º ESO B, volverannos representar por segundo ano consecutivo, centrándose esta vez no “Estrés na discoteca”.  Que cracks!

A preparar e afinar o noso espectáculo e ánimo!!