EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

IMG_5739

YOLANDA CASTAÑO NO IES MANUEL MURGUÍA DE ARTEIXO.

28-11-2019

Dentro das actividades contra a violencia machista que o Equipo de Coeducación vén desenvolvendo ó longo deste curso (en colaboración con outros departamentos, entre os que están: EDL, Biblioteca,…), visitounos a escritora e dinamizadora cultural, Yolanda Castaño.

A conferencia tivo lugar no salón de actos do noso instituto e versou sobre a poesía, a muller escritora, a igualdade e tamén serviu para facer un percorrido pola súa biografía literaria, dende os primeiros textos e premios ata a actualidade.

Foi un acto de extraordinario interese ó que acudiron alumnos e alumnas de 4º ESO. Estamos seguros de que despois desta conferencia a rapazada do centro reflexionará sobre os temas aquí tratados e terá unha visión crítica do que acontece na sociedade actual.

Parabéns a tod@s e un millón de grazas a Yolanda Castaño por visitar o noso instituto e agasallarnos coa súa poesía e a súa sabedoría!

IMG_5747 IMG_5739 IMG_5740

IMG_5733